Skip to content

Iria Fernández Crespo debuta na poesía con Espiral Maior

19 abril, 2011
O escritor e xornalista Ramón Chao escribe o prólogo da primeira obra poética da escritora.

A escritora Iria Fernández Crespo (Barcelona, 1982) presentou onte en Compostela a que é a súa estrea na poesía. O seu primeiro libro titúlase Flores da Galvana (Espiral Maior, 2011). “Estes versos teñen cinco ou dez sentidos que se r­eúnen nun mesmo: a luz do pensamento crítico”, explicou a autora na presentación do seu libro, onte na libraría Couceiro de Santiago. A autora, acompañada polo seu editor, Miguel Anxo Fernán Vello, e o escritor Ramón Chao, explicou tamén a súa relación coa poesía. “Para min, é unha necesidade, vén cando lle cadra. A inspiración vén e marcha”, recoñeceu a autora, quen lembrou que lugares como as rúas de Barcelona, os Ancares ou o Courel en outono son espazos esenciais para entender este libro.

Pola súa banda, Miguel Anxo Fernán Vello quixo destacar a calidade do libro de Fernández Crespo e mesmo falou da súa futura proxección. “É unha poesía que ten unhas características insólitas, chea de frescura e cunha gran vontade rebelde”, explicou Fernán Vello.

‘Le Monde Diplomatique’

O libro poético de Iria Fernández Crespo inclúe un pequeno prólogo do xornalista e escritor Ramón Chao, que estivo onte en Santiago de Compostela para acompañar a autora na presentación deste primeiro libro. Chao lembrou na súa intervención que os poemas da escritora lle chegaran por correo electrónico. Fora o pai quen lle enviara o correo para que lera a poesía de Iria Fernández Crespo. “Non lle fixen moito caso, pero pasado o tempo e cando ía eliminar os correos, pois o vin. E lin todo seguido”, explicou Ramón Chao, quen destacou a calidade da poesía.

Ademais, o escritor chegou a escribir un texto sobre os poemas en Le Monde Diplomatique. “Ampliei o prólogo, porque é moi pequeno para envialo alí e ademais non queren publicar textos que xa están publicados”, lembra o escritor e xornalista.

Con este libro, Iria Fernández estréase na literatura. Nacida en Barcelona en 1982, esta autora estudou Socioloxía e Ciencias Política na Universidade Autónoma de Barcelona e Filoloxía pola UNED. Colabora dende moi nova na Asociación Rosalía de Castro de Cornellà e realizou estudos de piano e canto en Cataluña. Na cidade condal participa habitualmente en diversos recitais.

Xornal de Galicia, 19/04/2011

Leer la noticia en A Voz de Vilalba

No comments yet

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: