Skip to content

O libro ilustrado de Ramón Chao que desbotou Varela

4 mayo, 2011

Click encima de la imagen para leer el texto original

Os cambios de goberno sempre deixan proxectos a medio camiño. Leis, iniciativas, programas e actividades culturais adoitan transformarse, adiarse ou mesmo desaparecer. No caso do escritor e xornalista Ramón Chao (Vilalba, 1935), a vítima da mudanza de siglas en Monte Pío levou por diante un libro ilustrado. “O libro titúlase A Vía Lactea. Trátase dunha viaxe de Jacek Wozniak, do meu fillo Antoine e mais eu, dende Roncesvalles até Fisterra”, explica o propio Ramón Chao.

Esa viaxe conxunta entre o ilustrador, o escritor e o seu fillo plásmase nun libro que se converte nunha crónica imaxinativa. “Conto o que nos aconteceu nas etapas, as lendas e describo a paisaxe, mentras Antoine recollía entrevistas, música relixiosa e folclórica, e Wozniak debuxaba o que lle petaba, en total uns douscentos debuxos”, explica o escritor.

A orixe deste libro está noutra publicación que fixeron con anterioridade Chao, o seu fillo e Wozniak. O libro chamábase Cuba Milagros e fora publicado tanto en castelán como en francés. A raíz desa obra, o goberno do bipartito quixo propoñerlles aos autores que emprendesen outra viaxe, esta vez con destino Galicia. “Hai tres anos viñeron a París o entón presidente Touriño, os seus colaboradores Ana Doval e Fernández Mato. Pedíronme se poderiamos escribir un sobre o Camiño”, di o escritor.

Non obstante, Chao non estaba disposto a realizar ese encargo. “Díxenlles que eu era priscilianista e non podía. Enton suxeriron que o fixese sobre Santiago de Compostela. Tampouco quixen. Díxenlles que o faría sobre Prisciliano de Compostela, se lles parecía interesante”, lembra Chao. Nese momento da conversa, chegouse a un acordo. “Un deles dixo: E se o fas da Vía Láctea? Iso xa me gustou máis: un libro pagán e desmitificador”, sinala o autor.

“SEN CONTRATO, DE BOA FE”

Os tres compañeiros de viaxe literaria puxéronse a traballar neste proxecto que, finalmente, nunca chegou ver a luz. Quedou gardado nun caixón porque, ao non haber un contrato polo medio, todo quedou en papel mollado. “Fixémolo nuns cinco meses. Acabámolo pouco antes do cambio do goberno. Sen asinar contrato nin nada; fiándonos da boa fe”, explica.

Co cambio de Goberno, o proxecto quedou orfo para a súa publicación. Nun último intento, alguén convenceu a Chao de que intentase negociar cos novos responsables da Consellería de Cultura. “Eu non quería darllo ao PP, mais unha rapaza que estivo de intermediaria entre Touriño e nós, animounos. Díxome que llo mandase ao Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, porque era moi aberto e amigo de Ferrín”, di. Así fixo Chao. Envioullo a Varela e, segundo afirma o escritor, a resposta foi negativa. “Escribinlle e contestoume que non lle interesaba, sen máis explicacións. Comprendino. Eu, no seu lugar, faría o mesmo”, explica Chao.

Ese libro do escritor agarda nun caixón a que alguén o queira publicar, aínda que o autor non está a buscar activamente polo momento. “A min interésame escribir, non quero andar detrás dun editor. Non llo ofrecín formalmente a ninguén”, conclúe Chao.

Xornal de Galicia ALBERTO RAMOS 03/05/2011 – 22:28 h.

No comments yet

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: