Skip to content

A guerra contra os pobres

25 febrero, 2012

Fai unhos trinta e  cinco anos escribin un artigo no xornal El Pais que intituléi : ¡Pobres paises pobres!, e xa o tiña esquencido. Fai cousa d’un mes, cando Carmen Carballo me invitou a participar neste coloquio sobre as guerras, lembreime dil e parecéume que o drama que afectaba às categorias mais desfavorecidas do mundo aumentóu, e convirteuse en un conflicto mais mortífero que os bélicos.

Non dispoño, ni penso que podan eisistir, estadísticas sobre esta catástrofe, pero coido que o número de mortos, contando as doenzas, a fame, e a miseria, sobrepasaría con moito o das víctimas de guerras. De feito, díxenme, a guerra contra os pobres eisiste desde sempre, està ahora peor que nunca, e aínda leva mañas de empeorar.

A division entre pobres e ricos empeza coa escravitude, i a escravitude data desde que o home se fixo sedentario, non se deu nas sociétés primitivas nómadas, e descoñese, por exemplo,   nas tribus de esta clase que subsisten en Amazonie ou en Papuasia.

En realidade, o desexo de acumulación aparecéu coa sedentarización, a agricultura e e a ganderia.  Neste novo contesto, as guerras pola apropiación de terras e de rebaños sáldanse con a captura de enemigos. ?E que facer  deles ? Nun tempo, xa daquela remoto, resolvíase coa a antropofaxia. Despois, o non lle sabía ben a carne humán, o por ser màis rentable, decidiron afectar ós cautivos ás tareas domesticas, à carpintería ou a extración da auga ; facelos traballadores que, a cambio de unha minima alimentacion, permitialle aos vencedores aumentar o seu nivel de vida. Esta foi a primeira función social da escravitude : manter con vida os escravos para sacar proveito deles.

Pese a que inventaran a democracia, os antergos gregos non tiñan reparos en praticar a escravitude, d’un xeito particularmente odioso. Nos escravos repousaba a economia, o artesanado, as labouras domésticas e as esplotación das minas de prata de Laurion, uns dos fondamentos do esplendor da Atenas de Pericles. A mayoria dos escravos eran africanos, chamados  Etiopes ( caras queimadas) I entre paréntesis, tampoco tiñan moita consideración polas mulleres, pechadas sempre no xineceo-

Si  ben Platon consideraba que todolos seres humáns, mulleres e homes, somos d’unha mesma esencia, o seu discipulo Aristóteles defendía as desigualdades : «Resulta evidente –dicia-, que por natureza esisten homes libres i escravos, e que para estos a condición servil é o  mesmo tempo xusta e  ventaxosa».

En Roma os escravos formaban a terceira parte da poboación das cidades. Segun o historiador  Olivier Pétré, «No apoxeo do Imperio, Italia contaba con uns tres millóns de escravos, ou sexa, entre o 35 e 40 da poboación total », e as suas condicións de vida eran inhumàns. Por iso se deu a primeira rebelión de escravos da Historia, liderada, como diriamos oxe, e como ben se sabe, por Espartaco.

Máis perto de nos, o descubrimento das Américas marca una etapa importante na reafirmación da loita contra os pobres, encetando polos mal chamados  indios. Para saquear o Novo Continente, precisábase de unha man de obra que os conquistadores non podian transportar aló e que tampouco tiñan aquí.

E como no século XVI, a escravitude xa era unha práctica corrente no Vello continente, sobre todo en Africa e no Mediterráneo, aplicouse nos novos territorios. Pero os coitadiños morrían como moscas, pouco afeitos a traballar nas minas e vulnerabéis às doenzas que lles levaban de Europa, como a sífilis e outras…

Durante catro séculos, a trata dos africanos deportou a 15 millons de homes, mulleres e nenos, ao que temos que engadir os masacrados no momento das cazas humàns. Historiadores hay que falan de unha perta de oitenta millons de habitantes africanos, e iso, unido à colonización e poscolonización, que é o mismo e ainda dura oxe, esprica o retardo de un continente que foi o primeir campo de batalla na guerra contra os pobres.

Tamén os Portugueses adoutaron esta solucion no Brasil. E non soio levaban os cautivos ao Novo Continente, sinon que os expoñían nas feiras de Lisboa para vendelos como o gando.

Xa daquele producese unha diverxencia entre o poderes estatales e privados, como pasa oxe coas multinacionais e os Estados :  En 1537, pouco despois da introdución da escravitude nas colonias de América, o papa Paulo Terceiro condenóu esta pràctica, apoiado polos xesuitas e màis polo rey de Portugal, pero non poideron facer nada contra os amos, do mesmo xeito que o ex primero ministro francés Lionel Jospin dixo que o Estado non podía loitar contra as multinacionales. De feito, a Eirexa contentóuse con recomendar os amos que non maltrataran inútilmente aos escravos, i a éstes que obedeceran agardando unha recompensa no céo. Diréi que a Eirexa misma tiña os seus propios escravos, procedentes, como outros bens, de donacións de personas crédulas e piadosas.

O haitiano Toussaint Louverture foi o primeir escravo negro que entróu en guerra contra escravitud e consegueu liberar toda a Isla. Alejo Carpentier conta a loita de Toussaint l’ouverture na novela « O reino de este mundo ». Esto foi no 1801 en Haïti. Tristemente, aínda unha persoa no mundo, entre quinientas, suegue sometida à escravitude.

Cando a Revolución de 1789, Francia veuse obrigada a abolir a escravitude, por unha banda para calmar a rebelión dos escravos das súas posesions nas Antillas, e pola outra, evitar  que os ingleses interviñeran e ocuparan esas illas. Pero é que xa se podían tomar esas medidas morais sin menoscabo para a economía, porque nos albores do século dazanove a guerra contra os pobres xa se disimulaba de ooutro xeito, menos visible, pero sempre en proveito dos poseedores de riquezas : Aparecia en Inglaterra a primeira maquina de vapor. Tamén, os Altos Fornos do Creusot empezaron a fumear  en Francia en 1785. Empezaba un proceso económico que desembocaría na industrializacion.

Ambolos dous países, Francia e Inglaterra, convirtironse nun inmenso campo de traballo, pero non tiñan a capacidade de industrializarse por falta de man de obra. Francia en particular, infrapoboada desde principios do século dazanove, carecía de brazos abondos para abastercer todolos postos necesarios; como tampoco dispoñia no seu chan das imnumeráveis mateiras primas para o novo desenrolo industrial.

Por iso, Francia sobre todo, apelóu en masa à man de obra estranxeira, sin deixar de esplotar ás capas autóctonas mais pobre e indefensas :  nenos, mulleres, etc… E asimismo, esta espansión industrial provoca e acentúa a colonización, particularmente no último cuarto do século XIX. Tanto Inglaterra coma Francia espoliaron Asia e Africa, respectivamente, roubándo as riquezas agricolas ou mineiras, o que que plasmóu o diputado francés Jules Férry con unha frase célebre : «a politica colonial é filla da política industrial».

Poidérase pensar que a industrializacion seria unha fonte de progresos para os seus protagonistas, os obreiros. Au contrario,  o fenomeno da industrializacion enxendra un novo monstrou, o pauperismo. Preocupados unicamente polos beneficios, os empresarios protexen os seus intereses, apoioándose na lóxica implacable do dereito de propiedade, reinante no mundo rural e protexido polas institucions e pola relixion. Os obreiros sufren una pauperizacion aguda, en particular no sector textil, como atestigua a revolta dus teixidores de Lyon, os Canuts.

Os traballadores estranxeiros sufriron as peores condicións de vida, agravadas pola xenofobia e polo racismo : por exemplo, aos italians insultábanos chamándolles « ritals », e aos polacos « polacs ». Os industrais do XIX favoreceron primeiro as inmigraciós veciñas, como os belgas, italians, españois… No século siguinte, o vinte, traénos de países màis lonxincuos, como Turquía, refugiados judeos da Europa do Este, arxelianos, etc. Despois de 1945, chegan continxentes españois, portugueses, subsaharianos.

Ó rematar a segunda guerra mondial, nos anos cincouenta, ábrese un novo periodo de desenrolo, baseado na esprotacion de novas forzas enerxéticas, traballos de reconstruccion, aplicación da siderurxia, da quimica, da industria de automoveis, etc… e dentro de estos trinta anos que chamaron “gloriosos”, de euforia financiera e monetaria, imponse a globalización con Reagan, Thatcher e Mario Vargas Llosa, seguindo despois  os socialmemócratas A guerra contra os colonizados tivo outras consecuencias mais sarcástica, porque éstos axudaron a gañar a guerra ós seus colonizadores. Participaron na Liberación de Francia, coa esperanza ilusoria de que ao rematar a guerra iban a dar a independenza os seus paises. Ilusoria, digo, pois o mesmo día en que os aliados derrotaron ós nazis, en maio de 1945, arrecia a guerra contra os pobres, con as masacres  de Sétif i Guelma, en Alxeria, causando miles de mortos. Mitterrand, Felipe González…ata oxe.

Cabe señalar que este desenrolo das técnicas aproveitase para usalo contra os pobres, como na industria do armamento, i en xeral, todas as que deterioran a natureza e o medio ambiente.

E curioso, ademais que os ardentes defensores da Patria unha, grande e libre, Aznar e consortes, sexan os principais adalides de esta ideoloxía mercantil, que tende, aspira, loita por un mundo unido e sin fronteiras, suprimindo as estructuras do Estado-nacion, e instauraría un goberno mundial basado no proveito e na escravitude.

E non falo únicamente dos obreiros, empregados, asalariados que traballan por unha remuneración inícua e viven na miseria, polos que morren de fame, sida e outras doenzas curàbeis ; refírome os que son captados, raptados como collían no século XVI ós africanos para levalos ás Américas : falo dos campos de traballo que se atoparon fai unhos meses no « triàangulo do tomate » na provincia de Foggia,  no sul de Italia, dirigidos pola mafia polaca con kapos e alambradas.

Falo de persoas que acumulan carencias graves, como o analfabetismo (unha das armas mais mortífera das guerras contra os pobres) que se atopan sin traballo, sin teito, sin educación, con débidas, clandestinos sin papeis, dispostos a creer en calquer a individuos sin escrúpulos que engañan os màis vulnerabeis con propostas miríficas que se plasman en condición infrahumanas.

Por eso é tan importante, e agora faigo un inciso, a política da alfabetización levada a cabo Por Cuba ao inicio da Revolución, e ahora por Venezuela, porque a un pobo culto non se lle pode engañar, creo que o decia Xosé Marti.
E por eso, empalmo co de antes, esta clase de escravitude està muy estendida en Asia e en Africa, onde máis da mitad dos nenos están desescolarizados, et xa, de adultos, ignoran os seus dereitos, fàltalles información, e están preparados para créer as  mentiras dos futuros esprotadores.

Ós migrantes de oxe cóllenos para os traballos doméstivos ou como de prostitutas. Unha estadística oficial norteamericana de 2002, fala de 700 000 víctimas  en Francia de esta crase de escravitude (cifras que non contan a escravitude dos nacionais). Cando as ilusas  inmigrantes chegan a Francia, os proxenetas quitánlles a documentación, secuéstranas e forzanas a traballar unha media de entre 15 e 18 horas diarias, sin dias de descanso nin vacacións, sin remeneración ou cando sí, ridícula.

Moitas durmen  directamente no chan, e según  Marc Béziat, presidente da Asociación de axuda os inmigrantes….. ” danse casos de víctimas pechadas nos sótanos, i outtras obrigadas a lavarse no water “. Eso sin contar os aldraxos, os golpes e as violacións. Non poden comunicarse con ninguén : os amos prohínbenlles telefonear, ou filtranlles as líneas. Aisladas de ese xeito, moitas analfabetas, descoñecendo os seus direitos, non ousan fuxir, por medo à expulsión e ao càrcere.

¿Quenes practivcan escraviude? Algúns son repatriados,  Franceses añorantes  do nível de vida de que gozaban en Africa, e que traen as criadas con eles. E tamén moitos compatriotas das victimas, protexidos pola inmunidade dilpomática, que exportan as prácticas dos seus paises de orígen. Pasa moito cos procedentes de Madagascar, onde  pervive o esprito de casta e unha situación de dominantes-dominados, que se reproducen no estranxeiro, axudados polo illamento das ou dos escravos.

Un caso especial é o das rapazas do Este de Europa, que veñen a Ocidente drogadas, creendo que van a ser polo menos unhas novas Greta Garbo, e acaban de prostitutas traballando para os prosenetas ou de escravas en familias sin escrúpulos. Unha ley en Francia favorece estas actividades escravaxistas, pois permite dar traballo às persoas da rúa a cambio de albergalas.

Decía ao empezar, que a primeira función social da escravitude e manter vivos os escravos para poder sacar partido deles.

Xenofonte contaba de este xeito o trato que lle daba Ciro ós seus cautivos : « Levávaos ós abrevadeiros como a bestas de carga. Cando chegaba a hora da cea, dáballes unha pequena colación para que non lles viñera a bulimia, de xeito que lle chamaban « irmàn », ainda que a intenció da sua caridade era de mantelos en vida para perpetuar a sua escravitude” .

De modo que a antigüedade inventóu este sistema chamado « espórtula », que era o que facía Ciro ; a Idade Media tivo a idea de transformar os escravos en Servos, i a globalización convirtéo ós escravos en parados, sin teito, sin papéis, que é a estratexia guerreira das multinacionais e dos organismos que sirven para implementar a sua dominación.

Nembargantes, a guerra contra os pobres ten un límite : o sistema neoliberal non sería perfecto sin eles. Fai unhos meses leín un informe do Instituto de recursos Mundiais, dependente do Banco Mundial, que se queixaba : « O sector privado é culpable de perder unha gran ocasión de facer negocio cos catro mil millons de pobres que eisisten oxe no mundo » .

Ese informe refiríase à masa de seres humáns de Asia, Africa, Europa e de América Latina que gañan menos do nivel de pobreza das sociedades occidentais, « pero que si se engaden os uns e os outros, representan un potencial importante de negocio. »

E por si non estivera claro, Luis Alberto Moreno, presidente do Banco Interamericano de Desenrolo, declara que, « interesarse polos pobres, que tamén son productores e distribuidores de unha inmensa gama de productos, no é un acto de caridade, sinon unha posibilidade de facer negocios ».

A conclusión é que o Banco Mundial comprendéu que non convén aniquilar a esos catro mil millóns de pobres que viven con un dólar por día, pois podenlles sacar catro mil millóns de dólares.

No comments yet

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: