Skip to content

Ramón Chao: “A liberdade de prensa de Fraga foi peor que o que tiñamos”

18 mayo, 2012

Foto: Mónica Ares

A censura onte e hoxe foi o título da conferencia ditada o pasado martes en Ourense polo xornalista, músico e escritor Ramón Chao (Vilalba, 1935), na que repasou os anos nos que para facer xornalismo había que contar, e moito, co lápis vermello do censor. “A censura –lembra Chao- non só a había en España. Tamén en París”, onde empezou traballando para Radio France en 1960,  nas emisións en linguas ibéricas e para Latinoamérica. “Había unhas probas para entrar nas que pedían saber algo e música, español e portugués. Eu música sabía porque desde neno tocaba o piano. Español tamén sabía e para o de portugués,  faleilles en galego e listo. Así entrei na radio”. De feito, confesou,“xamais pensei ser xornalista”, dixo, e atribuílle á disciplina lograda no estudo do instrumentno a forza que o fixo perseverar no oficio. “Eu pasaba dez horas ao día tocando o piano e iso deume forza para traballar en todo”.

Fraga axudouno ao lle conseguir “unha bolsa para estudar piano en París”, e lembra o finado ex presidente da Xunta como a persoa “que máis me axudou coa miña carreira pianística e quen máis me prexudicou coa xornalística”. A sombra do seu benfeitor pairou sobre o seu primeiro desembarco na capital francesa. “Os compañeiros comunistas da radio –evoca Chao- nunca me convidaban ás reunións porque pensaban que era un enchufado. Grazas a Fraga non acabei no Partido Comunista, nin en ningún outro partido”.

Pero falar de Fraga é falar de censura, e dos encontronazos de Chao coa tesoira no franquismo. “A primeira vez que me censuraron foi en El Alcázar, cando este xornal pertencía á facción máis aperturista do Opus Dei e estaba enfrontada coa Falanxe. Nesa loita, Manuel Fraga gañou e a min botáronme cando lle devolveron o xornal á irmandade defensora de El Alcázar”, lembra Chao. Segundo o xornalista,  “foi peor a liberdade de prensa que nos deu Fraga que a que había antes, pois o artigo 2 da Lei de Prensa permitía que calquera puidese denunciar un artigo que non lle gustaba”. Tamén na revista Triunfo foi vítima da Lei Fraga. “Pechárona dúas veces, a primeira durante catro meses, cunha multa de 200 pesetas por un número especial sobre o matrimonio no que se contemplaba o divorcio, e pouco despois, suspendérona dous meses cunha multa de 250 pesetas por facer un especial titulado ¿Estamos preparados para el cambio?”. Daquela –sostén Chao- “a censura era política, máis tarde, do director do xornal. Tamén había moitas loitas internas. Agora as que censuran son as multinacionais”.

Traballou de crítico literario en Le Monde, pero “cando Prisa meteu cartos nel, empezou a darlle un xiro á dereita, atacando Cuba e Venezuela…”. Foi neste momento cando Ramón Chao dixo: “Non podo escribir nun xornal que non podo ler”. Non foi a súa única relación con Prisa. Tentado por J. Luís Cebrián, malia os seus receos cara ao comunismo que encarnaba Chao, xa daquela en Triunfo, foi correspondente do diario El País. “Empecei a traballar con eles, mandaba cousas, pero decidín deixalo cando, hai 25 anos, empezou a xirar á dereita”.

A última vez que di que o censuraron foi cando “Ignacio Ramonet e eu tivemos que deixar de escribir en La Voz de Galicia, en 2006, por un artigo que fixera Ramonet titulado Chávez volverá”.

NO PRESENTE

Ante a pregunta sobre o que se pode facer nas actuais circunstancias de profesión Chao di: “eu puiden aturar porque tiña o salario fixo de Radio France e podía escribir aquí e alá. Pero os demais compañeiros non podían facelo. Eu agora teño un blog e é como se escribise nun xornal. Teño 400 visitas ao día. Eu son o propietario do meu xornal ata que me canse”.

Chao non quixo rematar a conferencia sen falar dos proxectos nos que anda metido. ”Estou con dous ou tres á vez. Un deles ocorréuseme hai 15 días, a raíz das aventuras de Juan Carlos. Un libro de 40 ou 50 páxinas nas que conto cousas del que non se saben…”. Cando o teña rematado, engadirao ao mapa de tatuaxes literarias que ten polo corpo. Como se sangrase cada vez que publica un libro.

Pero o proxecto no que máis matina ultimamente é no de conseguir facerlle un monumento a Prisciliano. “Eu quería facerllo no Obradoiro aínda que creo que non vai ser posible, así que pensei en Fisterra, e senón en Monforte, un municipio de esquerdas”. Animou a todos  a entrar no seu blog e formar parte dunha fundación coa que, “con só aportar un ou dous euros, consiga os fondos necesarios para facerlle un monumento a Prisciliano, porque Galicia ten que recuperar a súa historia. O apóstolo Santiago nunca estivo en España, e menos enterrado”.

Dioivo. Zona Aberta,  Venres, 18 May 2012 12:41. Escrito por Mónica Ares.

3 comentarios leave one →
  1. cobordón permalink
    21 mayo, 2012 15:37

    Democracia con Fraga = ¿ A follar con bragas?

  2. abulense permalink
    23 mayo, 2012 22:54

    Lo mal que se portaron Fraga Iribarne y Zarzalejos Altares con Don Daniel García Ramos…….

Trackbacks

  1. Paul Lafargue (1842-1911) « Ramón Chao

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: