Skip to content

“Amigos de Prisciliano”

15 octubre, 2012

NOTA DE PRENSA

 Ramón Chao presenta en Compostela  a plataforma cívica “Amigos de Prisciliano”

Ilustración de Miquel Barceló para la cubierta del libro “Prisciliano de Compostela” de Ramón Chao

Compostela, 15 de outubro de 2012.- Ramón Chao regresa a Compostela. Músico, escritor, xornalista, pai do famoso cantante Manu Chao e irmán do teólogo Xosé Chao Rego, estará na capital galega mañá martes día 16. Será para falar sobre a figura mítica de Prisciliano, nun acto organizado conxuntamente polo xornal A Voz de Vilalba e o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), que terá lugar ás 20 horas na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes 6).

Prisciliano (340-385) foi un bispo hispano, o primeiro sentenciado a morte acusado de herexía, executado polo goberno secular en Tréveris, en nome da Igrexa Católica. Tras a súa desaparición naceu o priscilianismo, un movemento que dominou Galicia durante máis de douscentos anos. A forza de Prisciliano reside na dimensión popular do seu discurso, que incorpora a natureza e os seus elementos, e non distingue entre xerarquías ao concederle aos laicos postos activos na Igrexa. Outro importante aspecto desa dimensión é o arraigo que o seu movemento adquiriu en círculos femininos; tanto, que foi acusado de licencioso.

O conferenciante será presentado polo xornalista Moncho Paz, que conxuntamente con Ignacio Ramonet, está a apoiar esta iniciativa promovida por Chao, coa celebración dunha serie de actos por todo o norte peninsular. O obxectivo da mesma é recabar apoios para consituir unha entidade sen ánimo de lucro que traballe a prol dunha cultura alternativa.

Ramón Chao naceu en Vilalba en 1935 e criouse tocando o piano na fonda que rexentaban os seus pais, onde adoitaban parar, de paso pola nosa vila, Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro. Sendo bolseiro polo Concello de Vilalba e a Deputación de Lugo, trasladouse a Madrid para estudar piano, harmonía e bacharelato. De Madrid foise a París cando tiña vinte anos, con outra bolsa do Goberno español. Na capital francesa fíxose xornalista, entrando a traballar en Radio France “porque falaba galego”, segundo confesa, “pois buscaban un locutor que soubera música e portugués”.

En París, Ramón Chao dirixiu emisións radiofónicas en galego, que serían prohibidas por Franco, e foi correspondente da revista Triunfo. Tamén traballou na prensa e na televisión francesas e foi nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras polo Goberno de Francia en 1991. Destacou como crítico Literario en Le Monde e polas súas colaboracións en Le Monde Diplomatique, publicación mensual dirixida polo xornalista Ignacio Ramonet.

Conta no seu haber con máis de dez libros, entre novelas e biografías, un deles escrito en galego, O Camiño de Prisciliano, con cuberta deseñada polo artista Miquel Barceló. Asemade, a súa novela El lago de Como, publicada en 1982, foi traducida ao galego en 2008.

Para máis información:

Chema Felpeto:        670 514801 – chemafel@yahoo.es

Moncho Paz:             629 888249 – monchopaz@prisciliano.eu

No comments yet

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: