Skip to content

Ramón Chao moderará en Vilalba un cine-coloquio sobre Luis Buñuel

28 agosto, 2013

Coincidindo co 30 aniversario da súa primeira novela, “O lago de Como”

Cartaz VILALBA 310813Villalba, 28 de agosto de 2013.- O vindeiro 31 de agosto, día de San Ramón, terá lugar en Vilalba un cine-coloquio coa proxección de A Vía Láctea, película realizada por Luis Buñuel en 1969. Moderado por Ramón Chao e Moncho Paz, celebrarase ás 18:30 horas no Auditorio Municipal. O acto, de entrada gratuíta ata completar aforo, está organizado polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), o xornal A Voz de Vilalba e a plataforma cívica Amigos de Prisciliano.

Como outras películas do universo Buñuel, A Vía Láctea trata de temas como o catolicismo, o comunismo e o surrealismo. O guión é do propio Buñuel e do francés Jean-Claude Carrière, que na cinta interpreta o papel de Prisciliano e que na actualidade é o presidente de honra da plataforma cívica Amigos de Prisciliano, fundada por Ramón Chao e Ignacio Ramonet.

A Vía Láctea é unha obra única na filmografía de Buñuel, e recolle todas as obsesións do autor. Dous peregrinos contemporáneos parten, como o fixeron desde a Idade Media, da Rue Saint-Jacques en París cara a Santiago de Compostela. O formato é o da tradicional narración picaresca na que unha parella de desposeídos sobreviven ao longo do trazado xacobeo. Asemade, é a narrativa aínda máis tradicional do cabaleiro andante e o seu escudeiro na procura busca da fe e da honra.

Como colofón deste acto, Ramón Chao interpretará ao piano “O lago de Como”, peza que deu título á súa primeira novela -publicada en 1983, da que agora se cumpren 30 anos- e que foi finalista no Premio Nacional de Narrativa.

No comments yet

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: