Skip to content

Prisciliano xa ten escultura propia

9 diciembre, 2013
PRISCILIANO
A plataforma cívica “Amigos de Prisciliano”, presidida polo escritor Ramón Chao, instalou hoxe en Compostela unha estatua en homenaxe a este bispo hispano que, xunto a outros compañeiros, foi o primeiro sentenciado a morte acusado de herexía e executado polo goberno secular, en nome da Igrexa Católica.
Trátase dunha estatua itinerante, concebida en terracota e obra do escultor mallorquín Eduardo Servera, que estará exposta ao público na sede de Altaira (Avenida de Lugo 199), academia de arte e ensino dirixida por Xurxo Martiño e Luz Varela, que cederon amablemente o espazo do seu escaparate para acoller esta singular iniciativa, coa que se pretende reivindicar a figura e a influencia de Prisciliano na cultura galega.
Considerado un símbolo da intolerancia política e relixiosa, Prisciliano fundou unha escola ascética, rigorista, de talante libertario, precursora do movemento monacal e oposta á crecente opulencia da xerarquía eclesiástica imperante no século IV. Os aspectos máis polémicos, en cuestións formais, eran o nomeamento de «mestres» ou «doutores» laicos, a presenza de mulleres nas reunións de lectura e o seu marcado carácter ascético.
A plataforma cívica “Amigos de Prisciliano”, fundada o ano pasado en Ourense, está integrada polo actor e guionista francés Jean-Claude Carrière (que asume a función de “presidente herético”), os xornalistas Ignacio Ramonet (vicepresidente) e Moncho Paz (secretario), Gabriel Núnez Chao (tesoureiro), os poetas Miguel Barrera e Pilar Maseda (delegados en Madrid e Lugo, respectivamente), e o escritor Kirmen Uribe (delegado en Euskadi), entre outros persoeiros. Asemade, conta cun amplo respaldo no eido da cultura e das letras galegas.
Esta entidade sen ánimo de lucro conta con financiación propia, a través da venta de camisetas cun logotipo deseñado polo artista polaco Jacek Wozniak, así como a participación en iniciativas culturais dentro e fora do territorio español. A máis recente foi a presenza de Ramón Chao na segunda edición do Marabilli Sormen Festibala, celebrado en Ondarroa (Bizkaia) o pasado mes de outubro, onde pronunciou a charla “Vargas Llosa… Leu o Quixote?”. Prisciliano de Compostela conta con perfil propio no Facebook, onde está a recibir múltiples adhesións. Na fotografía, Xurxo Martiño e Moncho Paz, no acto celebrado esta mañá na capital de Galicia.
One Comment leave one →
  1. Carlos Javier García permalink
    9 diciembre, 2013 18:39

    Parabéns pola iniciativa, penso que todo o que se poida facer para reivindicar e popularizar a figura do noso santo herexe será pouco dado o desleixo e o desinterese interesado das “elites” relixiosas, políticas e culturais.
    Alén diso, supoño que non anoxará a ninguén que faga unha pequena puntualización para afirmar que de ningún xeito é ésta a primeira estatua coa que se homenaxea ó decapitado de Treveris pois estou en condicións de soster que serán escasísimas excepcións as igrexas do país que non inclúan na súa decoración unha homenaxe ó mártir, máis ou menos disimulada.
    Afirmo esto despois de case vinte anos de estudo e investigación que puxen por escrito nun libro titulado “Pobres Peregrinos” no que apunto que o priscilianismo perviveu moito máis alén do que á Igrexa lle gostaría admitir e chegou moito máis alén (xeográficamente falando) do que cabería imaxinar.
    Podedes descargalo de balde na rede… Hai cousas que só aquece compartir.
    Unha aperta, sr. Chao e compaña. Quedo ó seu dispor.
    DESPERTA DO TEU SONO
    FOGAR DE PRISCILIAN/O

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: