Skip to content

Pepe Chao, o meu irmán

19 julio, 2014
o meu irmán
O Pepe e máis eu non somos xemelgos biolóxicos, pero afectivamente si. Lémbrome de que cando eu tiña seis ou sete anos, e el tres máis, durmiamos xuntos abrazadiños como se estivéramos no mesmo ventre materno. Este estado idílico rompeuse cando o noso pai –moi ateo e repubricano- metéuno no seminario de Mondoñedo para que fixera os cursos suficientes e convalidalos polo bacharelato, para despois sacalo de alí. Pero no intre ao Pepe entroulle a fe, e negouse a sair, ficando eu só no leito. El volvia a Vilalba cada nove meses, pero xa en plan místico. Andaba coa banda de seminaristas do pobo, entre elles Xenaro Currás, Xosé Luis Parga, Rouco Varela e Bernardo García Cendán, todos capitaneados polo párroco Gabriel Pita da Veiga e máis tarde polo nefasto Adolfo Pato.

Aos once anos funme a Madrid, cunha beca do Concello de Vilalba, e regresaba polos veráns, cada vez máis antifranquista, ainda que “roxo, roxo”, non me fixen até marchar a Paris. Aí cortáronse as relacións co Pepe, de máis en máis católico-nacionalista. Estivemos anos sen vernos, até que foi ordenado en Roma polo papa Pio XII, quen fixo a miragre de que me saltaran as bágoas cando daquela deume a segunda e derradeira comunión da miña vida.
Tamén o Pepe foi a Paris, vivindo na parroquia do gran filósofo do Renacemento, François Rabelais. O coadxutor da parroquia era o crego Aubry, altermondialista partidario da Teoloxía de Liberación e logo do subcomandante Marcos. Con estas influenzas, o meu irmán estaba máis que preparado para asumir o mando da parroquia de Santa Mariña, preto do Ferrol e centro das Comisións Obreiras da zona. Foi procesado, tratado de crego roxo e destituido. Xa tiñamos novos temas de conversa e voltamos a ser os mesmos irmáns de médio século antes. E agora non pasan dous o tres días sen que o chame desde onde estea. Por iso hoxe quero, desde a distancia, darlle unha forte aperta.
Ramón Chao  en A voz de Vilalba

___________________________________
CELEBRACIÓN ARREDOR DE XOSE CHAO REGO

Venres, 18 de xullo, ás 17:30 horas, no Muíño do Rañego en Vilalba
Colocación do Hectómetro literario dedicado a Xosé Chao Rego

Coa intervención de:
Rubén Aramburu
Marica Campo Domínguez
Xosé Manuel Carballo
Xoán Xosé Fernández Abella
O gaiteiro Raul Galego
Daniel López Muñoz
Mini e Mero de A Quenlla
Moncho Paz
Helena Villar Janeiro
Xulio Xiz

Organizan: Irmandade Manuel María da Terra Chá e Asociación Xermolos.

Imaxe: Xurxo Lobato

 

No comments yet

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: